Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 15 de febreiro de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para o día 22 de febreiro no centro mineiro da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade. O Decreto 155/1988, do 9 de xuño, no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó teren carácter esencial os de abastecemento e mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga que comezará ás 6 horas do día 22 de febreiro de 1999 e rematará ás 6 horas do día 23 de febreiro de 1999 no centro mineiro de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Mentres dure a folga anunciada para o día 22 de febreiro do presente ano que comezará ás 6 horas do día 22-2-1999 e rematará ás 6 horas do día 23-2-1999 no centro mineiro de Endesa nas Pontes

de García Rodríguez, os servicios mínimos serán os seguintes: día 22 de febreiro (luns).

Caben tres supostos dependendo do volume previsto de carbón almacenado no parque de carbóns da central térmica.

A) Mina parada.

B) Funcionamento dunha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

C) Funcionamento de dúas escavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Situación central térmica prevista

para o luns 22-2-1999

Toneladas mestura previstas en parque C.T. (luns 6 h)*C.T. Parada ou

C.T. un grupo

C.T.

dous grupos

C.T. tres ou

catro grupos

Menos de 70.000ABC

Entre 70.000 e 100.000AAB

Máis de 100.000AAA

* Estimación que se realizará o venres día 19-2-1999, ás 11 horas.

A) Servicios mínimos mina parada.

Producción.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Operador subestación tesouro3
1Operador centro control3

Obras.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Jefe equipo bombeo3
1Bombeiro3

Sección eléctrica.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

2Eléctricos6

B) Servicios mínimos para unha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

Producción.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Xefe de quenda área3
3Técnicos de terceira9
4Operadores Esc. e amoreadora12
2Maquinista parque regulación6
9Axudantes Esc. e amoreadora27
2Vixilantes de cintas6
4Maquinistas de Bulldozer12
1Subxefe de servicio C. control3
1Operador centro de control3
1Operador subestación tesouro3

Obras.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe Svco. ou X. equipo obras e bombeo3
1Bombeiro3

Mantemento eléctrico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe servicio3
1Xefe equipo3
2Oficiais6
1Subxefe servicio STC3
1Xefe Equip. ou oficial STC3

Mantemento mecánico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe servicio3
1Xefe equipo3
2Oficiais retén6

Almacén mina.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Almaceneiro2

Maquinaria e equipamentos.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Conductores vehículos3

C) Servicios mínimos para dúas escavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Producción.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Xefe de quenda3
4Técnicos de terceira12
6Operadores Esc. e amoreadora18
2Maquinista parque regulación6
12Axudantes Esc. e amoreadora36

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

2Vixilantes de cintas6
5Maquinistas de Bulldozer15
1Subxefe de servicio C. control3
1Operador centro de control3
1Operador subestación tesouro3

Obras.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Xefe equipo obras-bombeo3
1Bombeiros3

Mantemento eléctrico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe servicio3
2Xefe equipo6
3Oficiais9
1Subxefe servicio STC3
1Xefe equipo ou oficial STC3

Mantemento mecánico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe servicio3
1Xefe equipo3
4Oficiais retén12

Almacén mina.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Almaceneiro2

Maquinaria e equipamentos.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Conductores vehículos3

En tódalas situacións anteriores, caso de producirse algunha avaría ou incidente de carácter grave, a dirección e o comité de folga reuniranse a fin de acorda-lo persoal necesario para a correspondente reparación.

Artigo 2º

O incumprimento desta obrigación de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio