En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaluación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento
hidroeléctrico no río Cabalar, situado na Pobra de Trives (Ourense), promovido por Minicentrales Reunidas, S.L.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.
Concello de Pobra de Trives.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental