Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Fareixa, no termo municipal de Cenlle (Ourense), promovido pola empresa ENGASA.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Fareixa situado no termo municipal de Cenlle (Ourense), promovido por ENGASA.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

Concello de Cenlle.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental