Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 28 de outubro de 1998, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 1999 correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Mondoñedo (Lugo) e polo Concello de Avión (Ourense) e realizadas, por petición dos concellos, as oportunas rectificacións polas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de Lugo e Ourense, respectivamente, cómpre face-las correspondentes rectificacións na

antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 221, do 13 de novembro de 1998, así:

-Na páxina 12.235, no anexo II, calendario laboral, provincia de Lugo, onde di: «30. Mondoñedo: 16 de febreiro e 19 de outubro», debe dicir: «30. Mondoñedo: 16 de febreiro e 18 de outubro».

-Na páxina 12.236, no anexo III, calendario laboral, provincia de Ourense, onde di: «4. Avión: 2 de agosto, luns de San Roque; 11 de novembro, San Martiño», debe dicir: «4. Avión: 6 de agosto, Santos Xusto e Pastor; 11 de novembro, San Martiño».

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais