Anúnciase poxa pública para o alleamento, de conformidade co previsto no artigo 2 do Decreto 125/1998, do 16 de abril, sobre normas de adxudicación de locais de negocio do Instituto Galego da Vivenda e Solo, dos locais comerciais existentes na provincia de Lugo, integrados nos grupos ou polígonos de vivendas construídos ó abeiro dos expedientes que a continuación se relacionan, con expresión da súa numeración, situación, superficie aproximada e importe tipo.
Expediente: LU-88/020. Localidade: Abuín-Rúa A. Brañas, Lugo (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
3 Baixa único P-2 48,04 4.804.000 4 Baixa único P-2 49,26 4.926.000 5 Baixa único P-3 48,73 4.873.000 6 Baixa único P-3 49,26 4.926.000 7 Baixa único P-4 48,63 4.863.000
Expediente: LU-89/010. Localidade: Abuín-Lamas de Prado, Lugo (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
1 Baixa B-1 96,70 3.867.806 4 Baixa B-1 25,32 1.012.749 8 Baixa B-1 139,42 5.576.520
Expediente: LU-89/020. Localidade: Rúa C- Foz (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
1 Baixa 1 627,50 18.824.677
Expediente: LU-90/010. Localidade: Cidade de Viveiro-Vilalba (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
1 Baixa P-1 73,70 2.579.500 2 Baixa P-1 76,82 2.668.775
Expediente: LU-90/030. Localidade: San Eufrasio-Sarria (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
1 Baixa P-1 144,68 4.340.326 2 Baixa P-1 142,22 4.266.527
Expediente: LU-90/040. Localidade: Rúa Pasaron-Ribadeo (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
1 Baixa A P-1 10,34 1.085.681 2 Baixa A P-1-2 28,28 2.969.349 5 Baixa A P-3 23,90 1.130.895
Expediente: LU-94/040. Localidade: Avda. Balneario-Guitiriz, Lugo (Lugo).
Predio rexistral Planta-Bloq.-Portal M útiles pesetas
Local número
Situación
Sup. Aprox.
Importe
1 Baixa A Único 121,70 5.758.601 2 Baixa B Único 161,47 7.640.437
A poxa rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares aplicable ó alleamento dos locais de negocio en adiante (PCAP), aprobado por esta dirección xeral con data do 14 de decembro de 1995, que estará á disposición dos posibles licitadores nos rexistros xerais do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela e na súa Delegación Provincial de Lugo.
O prazo de presentación das proposicións pecharase ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial
de Galicia. De coincidir en sábado o último día para a presentación de proposicións, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do día seguinte hábil. As propostas que se axustarán ás previsións contidas no PCAP presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Área Central, s/n Polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, e na súa Delegación Provincial de Lugo, sita na Avda. de Ramón Ferreiro, 28, de 9 a 14 horas, ou ben por correo se se utiliza o procedemento de envío por correo, deberanse cumpri-los requisitos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratacións do Estado, modificado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.
A poxa celebrarase en acto público nas dependencias da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de Lugo, ás 10 horas do cuarto día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.
Os importes dos anuncios serán satisfeitos proporcionalmente polos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo