Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de xaneiro de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (5/98 e cinco máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 5/98.

Denominación: montes Taro Blanco e Forcadas.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Meiraos.

Parroquia: Meiraos.

Concello: Folgoso do Courel.

Superficie: 300 ha.

Lindeiros: os do termo veciñal son:

Norte: montes e termo de Vilasivil e monte de Vilela. Leste: monte de Piñeira. Sur: termo e monte de Seoane. Oeste: monte de Mercurín.

Descrición do perímetro: o perímetro de todo o termo veciñal, comprendendo as dúas parcelas de monte, os predios particulares e a mesma vila, pode describirse principiando polo extremo noroeste en Chao Grande de Penido, onde concorren con este monte os de Mercurín, de Paderne, de Miraz e de Vilasivil. Dividindo con este último baixa de oeste-leste por unha lomba a atravesa-lo río Pequeno e pola igrexa de Meiraos sobe segundo unha lomba cara o nordés ata o Alto de Taro Blanco, de onde baixa na mesma dirección ata Ponte do Lago. Aquí entra polo leste o monte de Vilela, co que divide na dirección resultante sueste, faldreando por enriba dos prados de Vilela ata a lomba de As de Xanerán, onde xa entran os montes de Piñeira, cos que segue faldreando por enriba dos prados de Barreiro e na dirección resultante norte-sur sobe á lomba de Barreiro a Coto e baixa a media faldra a Valdavellas e Castro de Cousoliños. Aquí entra polo sur o termo de Seoane, co que atravesa de leste-oeste baixando a

atravesa-lo río Pequeno por Forcadas, de onde sobe na dirección suroeste pola lomba de Lamelas ata Castro do Brío, onde xa divide co monte de Mercurín, co que atravesa de sur a norte por Subpenela ata subir a Chao Grande de Penido, onde se comezou.

Expediente número: 7/98.

Denominación: montes Serra de San Martiño, Serra Pequena e Porto dos Lobos.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Chao de Fabeiro.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 40 ha.

Límites e perímetros:

Parcela 1-Serra de San Martiño-20 ha:

Norte: pista asfaltada, predios particulares de Chao de Fabeiro e Marexe. Leste: predios particulares de Chao de Fabeiro. Sur: predios particulares de San Martiño. Oeste: pista asfaltada, predios particulares de Marexe e Chao de Fabeiro. Dentro desta parcela hai un enclave de 10 ha conveniado pola comunidade de veciños de Marexe e Vilamaior e a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, que non se inclúe como posible monte veciñal en man común.

Parcela 2-Serra Pequena-1 ha:

Norte, sur, leste e oeste: monte propiedade particular de veciños de Chao de Fabeiro, que ocupa a parte máis alta do promontorio coñecido por ese nome.

Parcela 3-Porto dos Lobos-19 ha:

Norte: punto de encontro entre os camiños coñecidos como Camiño tras da Serra e Camiño das Pedreiras. Leste: Camiño tras da Serra e predios particulares de Chao de Fabeiro. Sur: predios particulares de

veciños de Chao de Fabeiro no lugar coñecido como Alto do Papuxo. Oeste: predios particulares de veciños de Chao de Fabeiro, no lugar coñecido como Campo do Val e como Pedreiras.

Expediente número: 8/98.

Denominación: montes Grande, Pedroso, Queimado, Cabarca, Lama de Vacariza e Ribeiras de Val Carral.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Distriz.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 130 ha.

Lindeiros: os do termo parroquial son:

Norte: termos da parroquia de Vide. Leste: termos da parroquia de Piñeira. Sur: termo municipal de Sober. Oeste: termo municipal de Pantón pola Rega de Castiñeiras.

Descrición do perímetro: o monte Lama de Vacariza divide polo oeste co termo municipal de Pantón pola Rega de Vacarizas. Polo resto este e os demais montes quedan situados entre predios particulares.

Expediente número: 23/98.

Denominación: montes de Pol e Carrouba.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Pol e Carrouba.

Parroquias: Baamorto e San Xoán de Tor.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 45 ha.

Lindeiros:

Norte: monte Forroedo da parroquia de Fiolleda. Leste: predios particulares de Pol e Carrouba. Sur: predios particulares de Pol e Carrouba. Oeste: predios particulares no río Barrantes.

Descrición do perímetro: o único límite salientable destes montes de Pol e Carrouba é polo norte co monte Forroedo da parroquia de Fiolleda, co que divide de oeste este subindo desde o río Barrantes por unha lomba que divide augas entre termos.

Expediente número: 25/98.

Denominación: monte Louxeira.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Saa.

Parroquia: Insua.

Concello: Vilalba.

Superficie: 56 ha.

Lindeiros:

Norte: monte Louxeira da parroquia de Torre. Leste: predios particulares da Cardosa e Ponte de Saa. Sur: termo municipal de Guitiriz. Oeste: monte Louxeira da parroquia de Torre.

Descrición do perímetro: como únicos límites salientables poden citarse: polo sur segue a mouteira con Guitiriz pola Pena do Ferro cara ó noroeste na dirección á Fonte da Uz; polo oeste con Torre pola lomba de Louxeira.

Expediente número: 26/98.

Denominación: monte Mouzón.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Cotoriña.

Parroquia: Insua.

Concello: Vilalba.

Superficie: 16 ha.

Lindeiros:

Norte: predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: termo municipal de Guitiriz. Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro: soamente salientable polo sur, a mouteira co termo municipal de Guitiriz.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 26 de maio de 1998 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 20 de xaneiro de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo