Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.736

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

VIGO ZOO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de carne equina para alimento dos animais deste organismo autónomo municipal.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: contratación para a subministración de carne equina para consumo dos animais do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar de entrega: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 2.400.000 pesetas/ano.

5. Garantías: provisionais: 300.000 ptas.

Definitivas: 4% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono 986 26 77 83 ou 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: trece días hábiles a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 26 77 84.

Data e hora: ás 12 horas do día seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula XXI do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 26 de xaneiro de 1999.

Manuel Rodríguez López

Presidente do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo