Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.736

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO LUCENSE DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

Advertido erro, no devandito anuncio, publicado no DOG nº 26, do martes, 9 de febreiro de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 1.452, na marxe dereita, onde di: «2. Obxecto: subministración de fertilizantes para a granxa provincial Gayoso Castro do INLUDES», debe dicir: «2. Obxecto: subministración de pensos para a granxa provincial Gayoso Castro do INLUDES».