Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de incendios 267I/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento

sancionador por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7) e do seu Regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13 de febreiro de 1973), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación, da que se poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicio múltiples, Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 5 de xaneiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 267I/98.

Denunciado: Freire Bonome, Manuel.

DNI: 76.368.823.

Último enderezo coñecido: Mantaras-Irixoa.

Feito denunciado: queimar sen autorización e sen toma-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 138.C e 137.B, cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.