Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de incendios 112I/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de

decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7) e do seu Regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13 de febreiro de 1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios multiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunta con tódolos documentos que consta no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 5 de xaneiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 112I/98.

Denunciado: Áridos Dragados Rías Altas, S.L.

Último domicilio coñecido: Estr. Corme p.k. 1, Ponteceso (A Coruña).

Feito denunciado: abandono dun coche en zona forestal, sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios: artigo 137.E, cualificación: grave.

Sanción proposta: 35.000 ptas.