Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.711

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (14/1998-M).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela, certifico:

Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas nº 14/1998, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 14/19998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante María del Pilar Suárez Suárez e o denunciado José Patiño Iglesias.

Resolvo: que debo condenar e condeno a Juan José Patiño Iglesias, como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de trescentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non pagadas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia da que se levará certificación á causa, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lle sirva de notificación en forma a Juan José Patiño Iglesias, con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado