Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de xaneiro de 1999 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Privada de Chantada (Lugo) no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música e de danza en escolas específicas.

Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Doutra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, establece no seu artigo 11 que corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

A Asociación Cultural Escola de Música e Danza de Chantada presentou solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música dunha escola de música privada e os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola de música privada dependente da Asociación Cultural Escola de Música e Danza de Chantada (Lugo), da que se sinalan os datos no anexo a esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A escola citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música segundo establece a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación específica: Escola de Música privada de Chantada.

Enderezo: Rúa Daniel Vázquez Boo, s/n.

Localidade: Chantada.

Concello: Chantada.

Provincia: Lugo.