Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Capitán Cortés.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 35 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe na L.M:T. a C.T. Capitán Cortés-1 e remate na L.M.T. a C.T. Noriega Varela. C.T. non prefabricado en baixo Capitán Cortés-2 con
400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do devandito C.T. de 90 metros en conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de xaneiro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense