Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Laza.

Situación: Laza.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 897 metros en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. Laza-Vilar de Barrio e remate no apoio proxectado nº 8 desde o que se realiza a acometida ó C.T. Pé de Poste con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Cimadevila. L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no apoio proxectado da L.M.T. aérea proxectada ó C.T. de Cimadevila e remate no C.T. Pé de Poste de Cimadevila. Elevación da L.M.T. aérea Verín-Laza desde o apoio nº 109 ó 111. 2 R.B.T. aéreas de 1.515 e 1.480 metros e unha subterránea de 55 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense