Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.679

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (D-281/1989).

Mª Josefa González Huergo, secretaria do Social número vintecinco dos de Madrid e da súa provincia.

Fago saber que nas presentes actuacións que se seguen neste xulgado por instancia de Roberto González Cerecedo e Miguel Ángel Nieto Solís contra Publicaciones de Galicia, S.A., en reclamación, por procedemento ordinario, rexistrado co número D-281/1989 e execución 19/1990, dictouse auto do teor que consta na copia simple que se achega.

E para que sirva de notificación a Publicaciones de Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da Comunidade de Madrid, así como para a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino o presente edicto.

Madrid o trinta de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

Auto: D-281/1989. Eexecución: 19/1990.

En Madrid, o trinta de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Feitos:

1º Respecto da empresa Información y Prensa, S.A., séguese procedemento de creba voluntaria, no Xulgado de Primeira Instancia número corenta desta capital (autos 808/1997). A dita empresa editaba o xornal Diario 16.

2º No mencionado xulgado dictouse auto o 19-1-1998, achegando á Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.L. a cabeceira do xornal tamén referido, tanto: ... «na súa edición nacional como nas diferentes cabeceiras rexionais propiedade de Información y Prensa, Sociedad Anónima, no seu estado actual, así como dos dereitos de propiedade industrial e demais inherentes a elas...», pola cantidade de 527.000.000 de ptas.

3º Ese mesmo día, Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.L., representada por Santiago Rey Fernández-Latorre, vendeu a Ediciones Periodísticas, S.L., que o estaba por Francisco Ameijeiras Castro, as dezasete cabeceiras de Diario 16, obtidas na poxa de referencia por idéntico prezo.

4º Mediante providencia do 7-2-1998 do Xulgado do Social número quince, dos de Madrid, decidiuse sacar a poxa pública unha serie de bens embargados como propiedade de Información y Prensa, S.A., que sen prexuízo de dar por reproducidas na súa integridade e para estes sós efectos (un total de 26 lotes). O que aparecía como número 14, Servicio de Documentación

de Diario 16, foi adxudicado á editora do xornal El Mundo.

5º Bermont, S.A., con domicilio na rúa Julián Camarillo nesta capital, imprime o mencionado diario desde o 20-1-1998, cos medios humáns e materiais de que dispón e así aparece na manchete do xornal, aínda que na chamada zona noroeste o efectúa a Voz de Galicia, S.A.

6º Diario 16 anunciou na publicación correspondente ó 10 de maio as premisas polas que o Grupo Voz poñía en marcha a que cualificaba como nova etapa neste xornal, desagregándose no interior dela as empresas, publicacións e/ou actividades que formaban o dito grupo (páxinas 48 e 49) que se dan por reproducidas, así como o resto do xornal para estes sós efectos.

No xornal do 9 de xullo aparece como empresa editora Ediciones Periodísticas, S.L. e como presidente dela Santiago Rey Fernández-Latorre.

7º Os traballadores que desenvolven a súa actividade na Coruña, para Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.L., dedicada á edición e distribución, son os que figuran no libro de matrícula que se achega e que como o que se citará acto seguido, se ten reproducido a estes sós efectos.

Pola súa vez, Ediciones Periodísticas, S.L., que ten como obxecto a edición de prensa diaria, ten en Madrid os traballadores que igualmente se citan no dito libro de matrícula, que foi tramitado 23 de xaneiro de 1998.

8º Os executantes presentaron un escrito o 6 de abril, do ano que estamos, pedindo que se estendese a responsabilidade a Ediciones Periodísticas, S.A. que logo fixesen extensiva a Disgasa.

9º Iso deu lugar a que despois de diversas vicisitudes que non vén ó caso desagregar neste momento, se celebrase unha comparecencia o 22-10-1998, e á que non asistiu o Nieto Solís, malia estar citado, desenvolvéndose esta nos termos que constan na acta estendida pola secretaria xudicial e que se dá por reproducida.

Razoamentos xurídicos:

Primeiro.-Como cuestión previa, a representante procesual de Disgasa e Ediciones Periodísticas, S.L., presentou que debe terse por desistido o Nieto Solís, dada a súa non comparecencia o día que estaba prevista a comparecencia, sen que xustificase o por que de tal ausencia.

Sen embargo, iso non pode admitirse posto que, constatada a súa incomparecencia (feito noveno), a posibilidade do desistimento unicamente está prevista no suposto que se relaciona no artigo 278 do TRLPL, que, lembremos, regula o chamado «incidente de non readmisión e/ou readmisión irregular», na execución das sentencias firmes de despedimento, o que pola súa vez debe porse en relación co artigo 237.2º do mesmo texto procesual, onde se establece que, unha vez xa iniciada a execución, como é o caso, «esta se tramitará de oficio».

Segundo.-Alégase a sucesión empresarial das empresas que se acaban de mencionar, respecto a Información y Prensa, S.A., así como del Grupo de Analistas de Cartera, S.A., vía Art. 44 del TRLPL.

É certo que as empresas reiteradamente mencionadas interviñeron na compra da cabeceira do Diario 16 e incluso, Ediciones Periodísticas, S.L. utiliza actualmente esta, pero como sinala o Xulgado do Social número

trinta e un, na súa sentencia do 30-9-1998 e con quen compartimos o criterio: «... iso é así, por canto é notorio que a publicación dun xornal nun sector tan competitivo como a prensa diaria non só necesita un nome comercial -importante, sen dúbida, xa que representa un sector de lectores nunca desprezable, aínda que insuficiente, como demostra a situación de creba das mercantís, que editaban unhas publicacións de tanto avoengo e raizame no noso país- senón que necesita un altísimo investimento económico, xunto coa organización intelectual e técnica moi complexa e cualificada, sen as que sería imposible participar no mercado con algunha posibilidade de éxito.

Por conseguinte, logo de acreditar que as empresas anteditas se limitaron a adxudicarse a cabeceira reiterada, o feito de ter continuado sen ruptura a publicación do xornal, non pode significar de ningún modo, que se producise unha sucesión empresarial, por canto que se probou claramente, que as ditas mercantís non adquiriron os medios materiais nin intelectuais do anterior xornal, publicado o Diario 16 na ua nova etapa cos seus propios e exclusivos medios que non foron adquiridos das anteriores editoras.

Apoia o exposto a reiterada doutrina xudicial, que vén soster que a adquisición de marcas dunha empresa non implica por sí mesma a sucesión empresarial que active a subrogación contractual, prevista no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, por todas, sentencias do TSX de Canarias do 21-2-1994, Art. 189 e Andalucía/Málaga do 7-3-1997, Art. 1072».

Terceiro.-Na comparecencia invocouse, igualmente que estabamos en presencia dun grupo de empresas, concretamente, o Grupo Voz, e polo tanto, debían ser declaradas responsables as que o conforman e con carácter solidario.

Sen embargo e sen entrar noutras disquisicións que levarían á mesma conclusión, a simple pertenza a un grupo de empresas non leva consigo a solidariedade retributiva de maneira automática, pois deben concorre-los requisitos que xurisprudencialmente se establecen, entre outras, na sentencia da Sala do Social do TS, do 30-6-1993, respecto dos cales non foi practicada ningunha proba por quen así o afirma, é dicir, os executantes e conforme o Art. 1214 do Código Civil.

Cuarto.-Finalmente e tamén con carácter de novidade fronte ós seus escritos iniciais, propúgnase a teoría do levantamento do veo, sen máis explicacións, polo que dificilmente se poida resolver sobre esta e máis tendo en conta non só a proba que se vai practicar, tamén inexistente, senón a necesidade de coñecer a quen hai que levantar o veo de tódalas empresas citadas, incluídas as que no seu momento foron condenadas neste proceso.

Quinto.-Á vista do exposto e alegada a excepción de falta de lexitimación pasiva por Disgasa, esta debe asumir pero na súa vertente ad causam pois á vista do relato fáctico que antecede, a súa chamada ó incidente era inescusable.

Sexto.-De conformidade co Art. 184 do TRLPL, contra este auto cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días, contados desde a súa notificación.

Parte dispositiva:

Na súa virtude, vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación, dispoño que non hai lugar a despachar execución fronte a Ediciones Periodísticas, S.L. y Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.L.,

admitindo respecto desta última a excepción de falta de lexitimación pasiva ad causam.

Así, por este meu auto, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

Dilixencia. A seguir cúmprese o ordenado. Dou fe.