Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.628

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de xaneiro de 1999 pola que se lle autoriza definitivamente a implantación dos ciclos formativos de grao superior de Administración de Sistemas Informáticos, Xestión Comercial e Márketing e Información e Comercialización Turísticas, ó centro privado Los Sauces de Pontevedra.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Los Sauces de Pontevedra, no que se solicita autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior Administración de Sistemas Informáticos, Xestión Comercial e Marketing e Información e Comercialización Turísticas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no

ámbito do sistema educativo, Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en Administración de sistemas informáticos, o Decreto 224/1997 (DOG do 22 de agosto) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración de sistemas informáticos, Real decreto 1651/1994 (BOE do 28 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en xestión comercial e marketing, Real decreto 2217/1993 (BOE do 21 de febreiro), polo que se establece o título de técnico superior en información e comercialización turísticas, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que o mencionado centro imparte as ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e as de BUP-COU e que ten autorizado un proxecto de obras conducentes á obtención da autorización definitiva para 3 unidades de educación infantil, 6 de educación primaria, 8 de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar-lo centro privado Los Sauces de Pontevedra para poder imparti-los ciclos formativos que se relacionan no anexo. As ensinanzas, que pola presente orde se autorizan, deberanse desenvolver en sesións de tarde-noite, tendo en conta que as instalacións do dito centro non reúnen os requisitos para a presencia simultánea da totalidade do alumnado das ensinanzas que se imparten xunto coas que por esta orde se autorizan.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real Decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo esto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Parada de Arriba.

Enderezo: Estrada de Campañó.

Código do centro: 36019633.

Denominación específica: Los Sauces.

Titular: Gomfel, S.A.

Ensinanzas que se autorizan, en quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos da familia profesional de informática. 2 unidades para 30 alumnos/unidade.

1 ciclo formativo de grao superior Xestión Comercial e Marketing da familia profesional de comercio e marketing. 1 unidade para 30 alumnos.

1 ciclo formativo de grao superior Información e Comercialización Turísticas da familia profesional de hostalería e turismo. 1 unidade para 30 alumnos.