Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.628

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xaneiro de 1999 pola que se lle autoriza definitivamente ó centro privado Centro de Ciclos Superiores de Formación Profesional Específica da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Xestión Comercial e Márketing e de Administración e Finanzas.

Examinado o expediente que presenta María Concepción Amor Alonso, para a creación dun centro privado coa denominación de Centro de Ciclos Superiores de Formación Profesional Específica da Coruña, polo que se solicita autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior Xestión Comercial e Márketing e Administración e Finanzas,

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 1651/1994 (BOE do 28 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en xestión comercial e márketing, Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve,

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra

incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Enderezo: r/ Sinforiano López, nº 43.

Código do centro: 15032005.

Denominación específica: Centro de Ciclos Superiores de Formación Profesional Específica.

Titulares: M. Carmen e Mª Concepción Amor Alonso.

Ensinanzas que se autorizan:

-1 ciclo formativo de grao superior xestión comercial e márketing da familia profesional de comercio e márketing (1 unidade para 25 alumnos).

-1 ciclo formativo de grao superior administración e finanzas da familia profesional de administración (2 unidades para 25 alumnos/unidade).