Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

ANUNCIO.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña, números 297 e 1 de datas 29 de decembro de 1998 e 2 de xaneiro de 1999, respectivamente, publícanse integramente as bases para a provisión en propiedade, das prazas que se relacionan de seguido, vacantes no cadro de persoal de funcionarios do Concello de Coristanco.

Persoal funcionario.

-Grupo 2º, artigo 25 da Lei 30/1984: C.

-Clasificación: escala de Administración xeral. Subescala administrativa.

-Denominación: administrativo de Administración xeral.

-Número de vacantes: unha.

-Sistema de selección: concurso-oposición libre.

-Grupo 2º, artigo 25 da Lei 30/1984: D.

-Clasificación: escala de Administración xeral. Subescala auxiliar.

-Denominación: auxiliar administrativo de Administración xeral.

-Número de vacantes: unha.

-Sistema de selección: concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de instancias, rematará unha vez transcorridos vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os seguintes anuncios relacionados coas convocatorias faranse públicos no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Coristanco, 28 de xaneiro de 1999.

Antonio Pensado Plágaro

Alcalde