Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de xogos infantís no polígono de Matogrande.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S99/2.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: xogos infantís no polígono de Matogrande. b) División por lotes e número: non. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.887.767 (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 71. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si. Ver cláusula 15ª.6) do prego regulador.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: ver prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta ecónomica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador)», para optar ó concurso para a subministración de xogos infantís no polígono de Matogrande.

11. Gastos de anuncios: por consta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado