Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999 pola que se fan públicas as bases que rexerán na convocatoria de convenios de fomento da iniciativa profesional no eido da danza en Galicia.

Obxecto: fomento da actividade artística profesional no eido da danza nas compañías cunha traxectoria artística relevante na posta en escena pública de espectáculos de danza, mediante a celebración de convenios de distribución de espectáculos de danza dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Orzamento: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.) con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.354A.640.1 do vixente orzamento de gastos do IGAEM.

Prazo de execución: ata o 30 de abril do 2000.

As bases da convocatoria, así como o modelo de proposición, poderán ser retirados ou solicitado o seu envío por correo, na sede administrativa do IGAEM (Pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) no departamento de actividades externas.

A presentación dos proxectos efectuarase no rexistro xeral do IGAEM xunto coa documentación indicada nas bases da presente convocatoria, nun prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dentro dos dez días seguintes ó remate do prazo, a comisión de valoración designada para o efecto examinará as propostas e valorará tanto os requisitos de profesionalidade como a traxectoria artística e o proxecto presentado, remitindo informe da súa proposta á Xerencia do IGAEM, quen formulará a correspondente proposta de convenios.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais