Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: R.S. IV.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 276 Vilagarcía B.
Data da concesión: 2-8-1952.
Data do remate da última prórroga: 28-8-2006.
Anteriores concesionarios: Bermúdez Martínez, Francisco (35.328.206); Ignacio (35.386.946) e Manuel (35.383.604).
Novos titulares concesión: Piñeiro Parracho, Celso (35.444.939) e Bermúdez Oubiña, Áurea (35.446.744).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 12 de xaneiro de 1999.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10 de xullo)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)