Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 25 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se notifica a Resolución do 8 de outubro de 1998 recaída no expediente sancionador OU-T-29/98, por infracción na Lei do 30 de decembro de 1952, de epizootias, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Rosa Rodríguez Grande, de acordo co que figura no anexo á presente cédula, a resolución adoptada polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 8 de outubro de 1998, no expediente sancionador OU-T-29/98, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, resultou devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Ourense nº 44-030-003919/6, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución, De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que contra esta resolución, firme en vía administrativa Rosa Rodríguez Grande poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de acordo co disposto na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: OU-T-29/98.

Denunciada: Rosa Rodríguez Grande.

DNI: 34.605.447.

Enderezo: A Valenzá. Barbadás. Ourense.

Infracción cometida: incumpri-la normativa vixente para a identificación e rexistro de animais das especies bovina, porcina, ovina e cabrúa e a normativa para o traslado de animais.

Precepto infrinxido: artigos 24 e 32 do Regulamento de epizootias, do 4 de febreiro de 1995, dictado en desenvolvemento da Lei de epizootias e o artigo 1 e 7 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro, polo que se regula o traslado de animais e se aproban os modelos oficiais de autorización oficial de traslado.

Preceptos sancionadores: artigos 212 e 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: multa de 100.000 ptas.