Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.590

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (196/1998).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña), faise saber que neste xulgado e co número 196/1998, por instancia de Eduardo Piñeiro Fernández, sobre declaración de falecemento de seu avó, José Piñeiro García, natural e veciño de Muros.

José Piñeiro García, casado con Manuela Luces Siaba, marchou de Muros como emigrante á Arxentina sobre o ano 1930, sen que se tivesen noticias del ata o momento; na actualidade tería 120 anos se vivise.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguinte da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para se oído no mencionado expediente.

Dado en Muros, 13 de novembro de 1998.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado