Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.590

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 9 de febreiro de 1999, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (Orde do 30 de outubro de 1997), polo que se fai público o lugar de exposición da relación de aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-As listas de aspirantes aprobados no terceiro exercicio están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública e nas súas respectivas delegacións. Así mesmo, publicaranse nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e poderán consultarse a través do teléfono 902 12 00 12 de atención e información ó cidadán.

Segundo.-O cuarto exercicio comezará o día 1 de marzo de 1999 na Escola Galega de Administración Pública, aula nº 12, sita no Polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela, sendo convocados os aspirantes da forma seguinte:

O día 1 de marzo, ás 16.30 horas, comezando o chamamento pola letra H, segundo o disposto na base II.2.1 da Orde do 30 de outubro de 1997, pola que se convocan as probas selectivas.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1999.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal