Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se fai público o extravío do xustificante do depósito 849/96, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante do depósito nº 849/96, constituído o día 13 de agosto de 1996, en Ourense, por medio de aval bancario, polo importe de 168.000 ptas., e que garante Amando, S.A. CIF A-32010944.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa Progreso, 38, entreplanta.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Ourense, 21 de xaneiro de 1999.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense