Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.543

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 29 de xaneiro de 1999 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de nove postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 11 de novembro de 1998 (DOG número 226, do 20 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de nove postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 11 de novembro de 1998 (DOG nº 226, do 20 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expre

san no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 11 de novembro de 1998.

Segundo.-Os cesamentos nos actuais destinos dos funcionarios que obtiveron praza produciranse no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deben cesar no seu destino os funcionarios están desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres días seguintes ó dos cesamentos, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-Os xefes dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

-NRP: 3244375513 A6317.

Grupo: B.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Lineros Bello, Fernando José.

Código do posto: FA.C99.20.903.15001.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego de Tornos.

Localidade: A Coruña.

-NRP: 3324644624 A1135.

Grupo: C.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Quintáns Durán, José Manuel.

Código do posto: FA.C99.20.901.15110.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego de Boiro.

Localidade: Boiro (A Coruña).

-NRP: 3381349302 A6317.

Grupo: B.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Cobo Fernández, Miguel Ángel.

Código do posto: FA.C99.20.901.15190.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego de Carballo.

Localidade: Carballo (A Coruña).

-NRP: 3490921702 A6317.

Grupo: B.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: González Amaro, Antonio.

Código do posto: FA.C99.20.901.32001.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego de Ourense-Centro.

Localidade: Ourense.

-NRP: 3601638935 A6316.

Grupo: B.

Corpo/escala: especial.

Apelidos e nome: Cortés Jiménez, Mª Ángeles.

Código do posto: FA.C99.20.902.32001.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego da Ponte.

Localidade: Ourense.

-NRP: 0936205424 A6317.

Grupo: B.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Granda Vicente, Miguel Ignacio.

Código do posto: FA.C99.20.901.32090.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego do Barco de Valdeorras.

Localidade: O Barco de Valdeorras (Ourense).

-NRP: 3553990413 A6316.

Grupo: B.

Corpo/escala: especial.

Apelidos e nome: Fernández Rodríguez, Manuel Vicente.

Código do posto: FA.C99.20.901.36540.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Dependencia: Oficina de Emprego de Tui.

Localidade: Tui (Pontevedra).

-NRP: 52131177 A6317.

Grupo: B.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Núñez López, Jesús Amador.

Código do posto: FA.C99.20.904.36560.001.

Posto de traballo: director O.E. 1.

Nivel: 25.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Dependencia: Oficina de Emprego de Coia.