Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.452

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO LUCENSE DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-INLUDES.

2. Obxecto: subministración de fertilizantes para a granxa provincial Gayoso Castro do INLUDES.

3. Orzamento: catro millóns trescentas cincuenta mil (4.350.000 ptas.)

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1999.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do INLUDES.

6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado Xestión de Programas Rexistro e Información.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 14 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do INLUDES, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 18, do 23 de xaneiro de 1999.

Lugo, 25 de xaneiro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente do Instituto Lucense de Desenvolvemento

Económico e Social

Faustino Martínez Fernández

Secretario do Instituto Lucense de Desenvolvemento

Económico e Social