Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de licitación de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: traballos de roza de maleza nas marxes da rede viaria provincial.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 68.989.119 pesetas.

5. Prazo de execución: 6 meses.

6. Garantía:

Provisional: dous por cento do orzamento de licitación, por lote, individualizado, ó que concorran, ou, se é o caso, pola totalidade do orzamento de licitación de facelo por todos eles, depositada na tesourería da deputación provincial.

7. Información: Servicio de Planos Provinciais e Contratación. Negociado de Planos Especiais.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial, de 10 a 14 horas.

9. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

10. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 20, do 26 de xaneiro de 1999.

Lugo, 26 de xaneiro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo