Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO do contrato de subministración dun tractor e o seu equipamento, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Prazo: o prezo máximo, IVE engadido, será de 10.000.000 de ptas. (dez millóns de pesetas).

2. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

3. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13.30 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da Casa do Concello, agás se fose sábado, neste caso diferirase ó primeiro día hábil.

4. Garantía provisional: o 2% do orzamento do contrato.

5. Modelo de proposición e documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da subministración, o prego de prescricións técnicas, xunto coa documentación que deberá achegarse, así como o modelo de proposición, estará á disposición dos licitadores nas oficinas municipais.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á última publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

Rianxo, 26 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado