Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO do contrato de adquisición de sinais indicadores nos lugares circulares e octogonais, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Prazo. O prezo máximo, IVE engadido, será de 1.000.000 de ptas. (un millón de pesetas).

2. Presentación de proposicións. Durante os trece días naturais seguintes á publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

3. Apertura de proposicións. Terá lugar ás 14 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da Casa do Concello, agás se fose sábado; neste caso diferirase ó primeiro día hábil.

4. Garantía provisional. O 2% do orzamento do contrato.

5. Modelo de proposición e documentación. O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da subministración, o prego de prescricións técnicas, xunto coa documentación que deberá achegarse, así como o modelo de proposición estará á disposición dos licitadores nas oficinas municipais.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares. Durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á última publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

Rianxo, 26 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado