Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/414-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: non consta, 15000 Vimianzo.

Denominación: R.B.T. Lamastredo-Pescadoira.

Situación: Camariñas.

Características técnicas: rede de baixa tensión a 380/220 V de 1.383 m de lonxitude en conductor R.Z. alimentado polo C.T. de Lamastredo e final nas acometidas dos abonados. Concello de Camariñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña