Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/410-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. colectores Formigueiro e outros.

Situación: Laracha.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 31 m de lonxitude, con orixe na liña aérea que alimenta o C.T. Formigueiro (expediente 208/1995) e remate no C.T. colectores Formigueiro, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 100 kVA en colectores Formigueiro e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede subterránea de baixa tensión, de 15 m de lonxitude en conductor R.V. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña