Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para as subministracións sucesivas de equipamento e moblaxe clínico-asistencial e de oficina con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña). (SCS.-06/99) (8 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saude, Servicio de Subministración, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67-Fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministración de moblaxe clínico-asistencial e de oficina. (Oito lotes).

Lote nº 1: cadeiras 109.143.500 ptas.

Lote nº 2: mesas e armarios 175.235.000 ptas.

Lote nº 3: moblaxe de rehabilitación 9.635.900 ptas.

Lote nº 4: moblaxe de farmacia 8.840.000 ptas.

Lote nº 5: armario dispensing farmacia 4.665.000 ptas.

Lote nº 6: equipamento farmacia 7.470.000 ptas.

Lote nº 7: rehabilitación 1.723.000 ptas.

Lote nº 8: equipamento rehabilitación 5.977.000 ptas.

Total de licitación: 322.689.400 ptas. IVE incluído.

Orzamento total: trescentos vintedous millóns seiscentas oitenta e nove mil catrocentas ptas., IVE incluído (322.689.400 ptas. IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entrega máximo:

Para os lotes: 1, 2, 3, 6, 7 y 8: Un (1) mes desde la petición.

Para os lotes: 4 e 5: 1,5 meses desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servivio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 1 de marzo de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 8 de marzo de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 2.182.870 ptas.

Lote nº 2: 3.504.700 ptas.

Lote nº 3: 192.718 ptas.

Lote nº 4: 176.800 ptas.

Lote nº 5: 93.300 ptas.

Lote nº 6: 149.400 ptas.

Loten nº 7: 34.460 otas.

Lote nº 8: 119.540 ptas.

Licitando ós oito lotes: 6.453.788 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitadores deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxuca-lo contrato:

Lote 01-05:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados:

Cumprimentado das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servivio:

Prazo de entrega, duración e cobertura da garantía, etc: ata 20 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 20 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO 9000, etc.

Lote 06-08:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO 9000, etc: ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes.

15. Información complementaria.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio da información previa ou mención da súa non publicación: 24 de xuño de 1998.

17. Data de envío do anuncio: 29 de xaneiro de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidade Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos