Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de xaneiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores VP-C 39/1998 e VP-C 40/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados os acordos de incoación dos correspondentes expedientes sancionadores que, cós números que se indican, se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora a secretaria destes Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer tantas alegacións como crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 19 de xaneiro de 1999.

Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 39/1998.

José Antonio Zas Roibal

Torre 1, 3º D-Labañou (A Coruña).

VP-C 40/1998.

Ramón Torres Mato

Torre 2, 6º D-Labañou (A Coruña)