Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-074/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-074/97 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, nº 10 A-2º, edificio Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388)-Santiago de Compostela.

Expediente: 15-074/97.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Avda. dos Caídos, nº 185, A Coruña.

Sanción e motivos: 50.000 ptas., publicidade enganosa.

Data da resolución: 4-12-1998.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña