Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 17 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU 235/98P e tres máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992 de 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común , os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto nº 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 17 de decembro de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 235/98P.

Denunciado: Miguel Ángel Rodríguez Pomar.

DNI: 76.704.135.

Último enderezo coñecido: r/ Gran Capitán, 15-17, 10º D. Rabanedo (León).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas.

ANEXO II

Expediente: OU 243/98P.

Denunciado: Fernando Iglesias Gómez.

Último enderezo coñecido: r/ Juan Anges, 1-4º A. Ourense.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas.

ANEXO III

Expediente: OU 202/98P.

Denunciado: Julio Joaquín Losada Fojo.

DNI: 44.446.156.

Último enderezo coñecido: r/ Nosa. Sra. da Saínza, 3-1º. Ourense.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas.

ANEXO IV

Expediente: OU 205/98P.

Denunciado: José András Fernández Iglesias.

DNI: 35.986.087.

Último enderezo coñecido: LG. Barbante-Estación. Cenlle (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas.