Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999 sobre autorización de apertura de dous novos establecementos da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sitos nas rúas Policarpo Sanz, 26, de Vigo e praza de Lugo, 2, de Viveiro.

Visto o expediente instruído por instancia de Adrián Bravo Juan, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude da autorización de apertura de dous novos establecementos, un en Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 26, e outro en Viveiro, na rúa Praza de Lugo, 2, da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., do grupo por xunto-a retallo, co código identificativo CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2.

Resultando que o interesado, xunto coas solicitudes presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación dos expedientes se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na rúa Praza dos Irlan

deses, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., a apertura de dous novos establecementos, un en Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 26, e outro en Viveiro, na rúa Praza de Lugo, 2, que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo