Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 124 e 231/1996).

Outorgadas as declaracións de utilidade pública en concreto, da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.343 m de lonxitude desde a liña San Pedro de Mezonzo-Teixeiro e centro de transformación de Xemeras no termo municipal de Vilasantar (expediente 231/1996); e a liña eléctrica aérea a 20 kV de 516 m de lonxitude desde a liña denominada Santa Baia de Vigo, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Burgo no termo municipal de Boqueixón (expediente 124/1996), por decretos 321/1998 e 328/1998, do 6 e do 11 de novembro, respectivamente, polos que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos que se afectan polas referidas instalacións, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 11 de febreiro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación que se somete a información nos taboleiros de edictos dos concellos de Vilasantar e Boqueixón; acto o que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas do concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir

ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña