Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.329

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (161/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Pazos Torrado, en nome e representación de Jesús Neira Neira, contra Josefa Neira Facal, Jesús Andrade Eiroa, Antonio Carballido Romero, Ramón Neira González e José M. Villar Pintos, se dictou con data do 19 de xuño de 1996 a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Margarita Pazos Pita do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia. En Carballo o 19 de xuño de 1996. Vistos os presentes autos de xuízo verbal civil número 161/1995, seguido por instancia de Jesús Neira Neira, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa A Rosa, 38-8, representado polo procurador dos tribunais Santiago Pazos Torrado contra Josefa Neira Facal, veciña de Ponteceso con domicilio en Corme Porto, Jesús Andrade Eiroa, veciño de Ponteceso, Arnela, Antonio Carballido Romero, veciño de Ponteceso con domicilio na rúa Praza do Pan, Ramón Neira González, veciño de Ponteceso, con domicilio en Ponteceso, rúa Real e José María Villar Pintos en ignorado paradoiro. Decido que estimando a demanda presentada polo procurador Santiago Pazos Torrado en nome e representación de Jesús Neira Neira, quen actúa por dereito propio e no necesario a beneficio da sociedade ganancial constituída

coa súa muller contra Josefa Neira Falca, declarada en rebeldía, Jesús Andrade Eiroa, Antonio Carballido Romero, Ramón Neira González, declarado en rebeldía e José María Villar Pereiro, declarado en rebeldía, debo condenar e condeno ós demandados a satisfacer, en obriga solidaria, ó demandante, a cantidade de 20.500, importe dos danos relacionados na demanda, con aplicación do artigo 921 da LAC. Todo isto con expresa imposición ós demandados das custas procesuais. Contra esta sentencia que non é firme, cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa

notificación. Lévese testemuño da presente resolución ós autos da súa razón e arquívese o orixinal no libro de sentencias deste xulgado. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde José M. Villar Pintos, con DNI (CIF), domiciliado en Remedios (Ponteceso), expídese o presente edicto en Carballo o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado