Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.320

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999 pola que se amplía o prazo para resolve-lo concurso 98/017 para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade, da área de coñecemento de ecoloxía.

Publicada por Resolución do 4 de setembro de 1998 (BOE do 19 de setembro) a comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza 98/017 de profesor titular de universidade, área de coñecemento de ecoloxía, convocado por Resolución do 4 de marzo de 1998 (BOE do 25 de marzo), e considerando que concorren causas xustificadas que impiden realiza-la constitución da comisión dentro do prazo establecido no punto oitavo do artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo).

Este rectorado, ó abeiro do previsto no punto 1º do artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolve ampliar dous meses o prazo de constitución da referida comisión.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña