Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 1999 Páx. 1.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xaneiro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral da Investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 15, do 25 de xaneiro de 1999, cómpre proceder á súa rectificación:

Na páxina 808, punto 6.2 «Criterios xerais de selección», debe quedar suprimido o último parágrafo que di:

«Como criterio complementario, a comisión poderá ter en conta o interese da investigación que se vaia realizar para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia».

Na páxina 816, e polo que se refire ás especialidades correspondentes á familia profesional da «sanidade», debe quedar da seguinte forma:

Familias profesionais:

-Sanidade.

Especialidade:

-Dietética.

-Documentación sanitaria (14 h.).

-Hixiene bucodental (14 h.) privada.

-Saúde ambiental.