Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para ordenación de volumes entre a avenida Florida, 23-25, e a rúa José Mato, 10 (expediente 4939/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 15 de xaneiro, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do soar sito entre a avenida Florida nº 23/25 e a rúa José Mato 10, formulado pola entidade Grupo Oito-Un, S.L. e redactado polos arquitectos Santiago Castro Paz e Antonio José Abal Medina e visado polo COAG coa data do 10 de decembro de 1998, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e prensa, así como a notificación persoal ós propietarios afectados, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata un mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello de Vigo.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 de Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo