Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da delimitación da unidade de execución número 3 das normas subsidiarias.

O Pleno da Corporación, en sesión de data 26 de novembro de 1998 acordou aprobar definitivamented a modificación da delimitación da unidade de execución número 3 das vixentes normas subsidiarias, de acordo co solicitado por Arconsa Arcade, S.L., coa finalidade de excluír do ámbito espacial delimitado unha parcela de propiedade municipal.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra esta acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación.

Soutomaior, 21 de decembro de 1998.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde