Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos administrativos públicos, faise público a adxudicación

de contrato de obra do que os seus particulares son os seguintes:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Redondela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral do concello. Negociado de Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto técnico de pavimentación e asfaltado de camiños veciñais, Redondela, e das melloras ofertadas.

c) Boletín e diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: BOP de Pontevedra no 206 do 26 de outubro, Diario Oficial de Galicia no 204 do 21 de outubro (corrección de erros Diario Oficial de Galicia nº 209, do 28 de outubro).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 26.291.326 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: resolución da alcaldía do 18 de novembro.

b) Contratista: Construcciones, Obras y Viales (Covsa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 26.290.000 pesetas.

Redondela, 2 de decembro de 1998.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde