Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

APROBACIÓN inicial de estudio de detalle.

Aprobado inicialmente por acordo plenario desta corporación, en sesión do 21 de outubro de 1998, o estudio de detalle redactado polo arquitecto superior Ramón Rivera López, por instancia de Leandro Parga Rodríguez, referido ás aliñacións que se constatan nas vixentes normas de ordenación subsidiaria de planeamento de Moeche, na vía transversal entre a casa do solicitante e a de Felipe Ferreira Prieto.

O que se fai público ó abeiro dos artigos 34 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico, durante o prazo dun mes, con publicacións no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal El Ideal Gallego e taboleiro de edictos do concello, quedando o expediente a disposición de calquera que queira examinalo nas oficinas do concello para presentar alegacións. De non se presentaren alegacións, considerarase aprobado definitivamente.

Moeche, 17 de decembro de 1998.

Xulio Cribeiro García

Alcalde