Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

ANUNCIO de información urbanística e avance de planeamento.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 1998, acordou expoñer ó público, polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación que do presente anuncio teña lugar no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación na provincia La Región e La Voz de Galicia, a información urbanística e avance de planeamento formulados por Riper Ingenieros, S.L., a quen a corporación decidiu encomendarlle a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castrelo de Miño, durante o cal as

entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Durante o dito prazo, a documentación da información urbanística e avance de planeamento poderá ser examinada nas oficinas do concello, sitas na rúa Alejandro Ferrer, 18, en Castrelo de Miño.

Castrelo de Miño, 21 de decembro de 1998.

José Feijoo Villanueva

Alcalde