Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a declaración como de incidencia supramunicipal do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

Unha vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de decembro de 1998, acordou declara-la incidencia supramunicipal do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, así como a determinación da Consellería de Medio Ambiente como o órgano competente, por razón de materia, para a tramitación do expediente, procede somete-lo referido plan ó trámite de información pública en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, polo que

RESOLVO:

1. Someter a información pública o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examinalo e presenta-las alegacións que considere oportunas dentro do citado prazo.

2. Un exemplar do referido Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia estará á disposición dos cidadáns durante o horario de atención ó público, nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, rúa dos Feáns, nº 7, portal C, de Santiago de Compostela (A Coruña).

-Delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental