Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01879-O-98 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (DOG do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-01879-O-98

OR-6111-P

G.C. Tráfico

Frutas Fruan, S.L.

Ramón Puga, 1, Dr.

325 Ourense

Realizar un transporte privado complementario (froita), carecendo da tarxeta de transportes.

8-3-1998; 16.55; N-120; 575,300

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199015.000
XC-00088-O-98

C-063424

G.C. Tráfico

Dicanor, S.L.

Sol, 159

15401 Ferrol (A Coruña)

Circular cun camión cargado de bebidas gasosas, carecendo de tarxeta de transporte. Leva distintivos de servicio privado de ámbito nacional.

19-1-1998; 11.50; C-552; 14,900

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30) Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199050.000
XC-00840-O-98

C-9158-AU

G.C. Tráfico

Luis Sánchez Pedreira

Prolongación José M. Hernansaez, 2-4-I

159 A Coruña

Transportar 50 caixas de papel, carecendo de tarxeta de transporte. Leva distintivos públicos ámbito autonómico.

18-6-1998; 9.45; N-651; 30,500

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/199015.000