Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.224

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 30 de xaneiro de 1999, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no quinto exercicio da fase de oposición.

As listas de aspirantes, coas puntuacións do quinto exercicio, están expostas no taboleiro de anuncios

do Instituto Galego de Estatística. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1999.

José A. Campo Andión

Presidente do tribunal