Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-322).

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 28 de novembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da UE nº 2, sita en Cividáns, parroquia de Serantes, tramitado por Procousa, S.A. e outros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 23 de decembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta